Retos

1

Consolidar a sustentabilidade da economía social (ámbito social, económico e ambiental) en Galicia.

2

Axudar á economía social galega á implantación nos sectores contemplados no Plan de Acción Europeo da economía social, especialmente no tecnolóxico e dixital, verde, industrial e sustentable.

3

Continuar xerando emprego inclusivo e de calidade nas entidades de economía social e favorecer a súa fixación no territorio.

4

Mellorar a competitividade da economía social potenciando a formación para a mellora das competencias das persoas e a xestión sustentable das entidades.

5

Fomentar o emprendemento sustentable na economía social, especialmente nas mulleres, persoas mozas, migrantes, emigrantes retornados, maiores de 55 anos e persoas vulnerables. 

6

Sumar para multiplicar: acadar ó acceso áxil e efectivo da economía social galega aos programas europeos, estatais, galegos e provincias.

7

Desenvolver ferramentas e programas para medir e avaliar o impacto social e económico da economía social en Galicia.

8

Favorecer as sinerxías e a coordinación dos organismos, instrumentos, axentes e entidades públicas e privadas para afondar na sostibilidade da economía social.

9

Afondar de xeito decidido pola visibilización e coñecemento da contribución da economía social na sociedade galega, tecido produtivo e administracións públicas.

10

Reforzar a coordinación e consolidar o diálogo entre os representantes da economía social e os organismos da Xunta de Galicia implicados no desenvolvemento e mellora da EGAES H27.