A Xunta reafirma o impulso da economía social como motor socioeconómico, destacando as 230 novas entidades e 800 empregos que xerou no último ano

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, inaugurou en Santiago o evento ‘Estratexia galega de economía social: resultados 2024 e axenda 2025’ José González pon en valor a aposta estratéxica do Goberno galego por fortalecer e impulsar a economía social como un motor de crecemento sustentable, ao que destinan máis de 90 M€ […]
A Xunta eleva ata case 33 M€ as axudas a centros especiais de emprego e empresas de inserción para apoiar a empregabilidade de máis de 5.000 persoas

O DOG publicou senllas ordes aumentando ata os case 31 millóns de euros as achegas para centros especiais de emprego (5,1 M€ máis) e ata máis de 1,8 millóns as de empresas de inserción (330.000 € máis) co obxecto de chegar a máis beneficiarios Para promover a creación, ampliación, mantemento e adaptación dos postos de […]
A Xunta participa en Madrid en senllos encontros co Estado e co resto de autonomías para avanzar na xeración de emprego e no impulso da economía social

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2024 O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron esta semana en Madrid en senllos encontros con representantes do Goberno central e doutras comunidades autónomas co gallo de avanzar na xeración de emprego […]
A Xunta pon de relevo ante o Consello Galego de Cooperativas o orzamento de 2025 en economía social, que aumenta case un 3% con respecto a este ano

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2024 O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na reunión da Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas, onde afirmou que o compromiso coa economía social seguirá vixente en 2025, cun investimento neste eido de 44,8 millóns de euros que supón un incremento […]
A Xunta reforza a captación de talento co investimento de máis de 11 M€ en 2025 de cara a cubrir vacantes e mellorar o tecido produtivo galego

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración compareceu no Parlamento galego para explicar as contas do seu departamento para 2025, dotadas con máis de 497 M€ Dentro da iniciativa, José González debullou medidas novas a prol da volta de galegos como arredor de 2M€ para rehabilitar vivendas vinculados ao Retorna Cualifica Emprego, sumados ás bolsas […]
A Xunta destaca o apoio para promover o cooperativismo e fomentar a presenza da economía social no tecido emprendendor

O secretario xeral da Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, puxo en valor o papel da Rede Eusumo, así como a nova Estratexia de economía social, no 1º Congreso de Economía Social e Solidaria en Galicia Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2024 O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta […]
A Xunta pon en valor a contratación reservada a centros especiais de emprego e empresas de inserción para seguir garantindo un mercado laboral inclusivo

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, inaugurou esta mañá unha xornada sobre o fomento da contratación reservada na Xunta de Galicia en sectores específicos Puxo en valor esta ferramenta para favorecer que as persoas con maiores dificultades de acceso ao mercado de traballo poidan desenvolverse tanto desde unha esfera profesional como […]
A Xunta destaca en Bruxelas as políticas a prol do emprendemento e o emprego coas que Galicia se erixiu como rexión emprendedora europea 2025

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, puxo en valor, no marco da Semana Europea das Rexións e das Cidades, as diferentes iniciativas impulsadas pola Xunta para fomentar o emprendemento na Galicia non urbana Fixo balance da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, unha iniciativa autonómica que xa conta […]
A Xunta reafirma en Cogami o seu compromiso coa integración laboral das persoas con discapacidade

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou hoxe en Santiago de Compostela a sede da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade José González subliñou que o emprego inclusivo e en igualdade de condicións é unha prioridade do Goberno galego e destacou o contacto permanente da Xunta con centros especiais de emprego (CEE) como os […]
A Xunta pon de relevo no ‘Congreso nacional sobre fomento da economía social’ a 2ª Estratexia galega para darlle un pulo a este ecosistema

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social asiste á cita que se celebra en Valencia e pola tarde participará nunha mesa de debate sobre políticas autonómicas e locais para potenciar este eido económico Marta Mariño centrarase na folla de ruta coa que o Goberno galego persegue posicionar a economía social nos sectores verde, […]